Nuevos compuestos de organismos marinos farmacológicamente activos

  1. Nieto Prieto, Rosa María
Dirixida por:
  1. Jaime Rodríguez Director
  2. Carlos Jiménez Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 14 de xuño de 2013

Tribunal:
  1. Isidro González Collado Presidente/a
  2. José María Quintela López Secretario/a
  3. Librada María Cañedo Hernández Vogal
  4. Isabel María López Bazzocchi Vogal
  5. Emilia Tojo Suárez Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 345976 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Esta tese doctoral describe o illamento, determinación estructural e actividade farmacolóxica dunha serie de produtos naturais procedentes de organismos mariños. Capítulo I. Da gorgonia Briareum sp. illáronse os briaranos 1-10. Os novos compostos naturais nunca antes descritos na bibliografía foron os compostos 1-3. Da esponxa Dysidea sp illáronse un novo composto dysitiazolamida (11). Do anélido poliqueto Thelepus crispus illouse un novo composto que no foi descrito na bibliografía e ao que denominamos thelepamida (13). Capítulo II. Estudouse a viabilidad de que a esponja Acanthella cavernosa crecese mediante acuicultura. Con este fin fíxose un estudo químico previo da esponxa illándose sete compostos que non se describiron anteriormente na bibliografía. A continuación realizóuse un estudo cuantitativo de esponxas individuais de Acanthella cavernosa que foron mantidas no laboratorio durante sete meses. As esponxas creceron aumentando a súa biomasa, o material celular e os seus texidos . A pesar de isto o contenido dos kalihinoles non se veu aumentado para ser considerado coma un método de producción. Capítulo III. Neste capítulo estúdanse mesturas de compostos cuxas estruturas se determinaron sen chegar a ser illados como compostos puros mediante estudos de RMN, MS e de HPLC-FTMS. Da esponxa Jaspis cf. coricea determináronse sete compostos novos como mesturas inseparables de ésteres de ácidos grasos saturados de bengazoles. Co fin de levar a cabo un estudo quimiotaxonómico dos tunicados Aplidium meridianium e Aplidium falklandicum, detectáronse por HPLC adaptado a espectrometría de masas de alta resolución (FTMS) varios compostos cuxas estruturas tentativas propostas asináronse como meridianinas J-S. Asemade detectáronse os dímeros da meridianina A e das meridianinas B ó E. Avaliouse a citotoxicidade de todos os compostos illados pero só os compostos 7, 13, 30 e 28 mostraron certa actividade fronte a diferentes liñas celulares tumorais.