Análise descritiva e interpretativa do deseño e contido dos videoxogos elaborados en Galicia
- López Gómez, Silvia
- Jesús Rodríguez Rodríguez Director/a
Universidad de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 11 de abril de 2018
- María Lourdes Montero Mesa Presidente/a
- José Peirats Chacón Secretario/a
- Manuel Area Moreira Vocal
Tipo: Tesis
Resumen
O presente estudo ten como propósito fundamental, contribuír á compilación e análise dos videoxogos desenvolvidos en Galicia, centrándose principalmente nos dirixidos á educación. Con este fin, deséñase, valídase e aplícase unha guía de avaliación de videoxogos dirixida a describir e interpretar as características técnicas, pedagóxicas, lúdicas e funcionais dos videoxogos galegos elaborados con intencionalidade educativa que ademais poida ser reutilizada de xeito independente e aplicada a outros contextos. A tal fin, a investigación estrutúrase en dúas partes estreitamente vinculadas: • O marco teórico, no que se trata de fundamentar a investigación dende a perspectiva dos estudos sobre os videoxogos na educación, sentando así as bases sobre as que sustentar a seguinte parte da indagación. • O estudo empírico, que consta de catro partes ben diferenciadas, coa pretensión de que cada unha delas supoña unha contribución en si mesma: compilación e selección de videoxogos, elaboración da guía de avaliación, aplicación da guía a unha mostra representativa, análise e discusión dos resultados obtidos.