A aprendizaxe da música a través da relación da música culta da tradición Occidental e da música popular moderna e contemporáneaunha investigación etnográfica na educación secundaria post-obrigatoria

  1. Suárez Canedo, Román
Dirixida por:
  1. Jurjo Torres Santomé Director
  2. Mar Rodríguez Romero Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 28 de xuño de 2019

Tribunal:
  1. João M. Paraskeva Presidente/a
  2. Ana Sánchez-Bello Secretario/a
  3. Javier Marrero Acosta Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 596935 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Esta investigación busca coñecer a configuración da ensinanza da música dentro da vía do Bacharelato de Artes Escénicas, Musicais e Danza, establecida dentro do marco lexislativo da LOE. Así, trátase de analisar a natureza e os fundamentos destas aprendizaxes observando, á súa vez, como se trasladan a nível de aula. O seu carácter etnográfico adecúase ao obxectivo de revelar como a música, alén de ser unha materia escolar, forma parte da cultura das persoas involucradas, sendo axentes musicais activos na súa vida diaria. Así, a etnografía permite acadar unha comprensión sobre as actitudes, bagaxe e preferencias dos estudantes cara a música, enriquecendo a visión de como se desenvolven as aprendizaxes dentro da aula. Tamén permite observar como o currículo das materias se adapta aos coñecementos, capacidades e expectativas do alumnado mediante a labor desenvolvida pola profesora. Como resultado, ao considerar a música como unha práctica culturalmente situada, a pesquisa esclarece as influencias que os presupostos culturais e sociais teñen sobre o deseño curricular, cuestionando criticamente a súa adecuación respeito ás diferentes culturas e sensibilidades musicais presentes na aula e ás necesidades de formación profesionalizadora do alumnado desta vía académica.