Aplicación de los modelos "bottom-up" de toma de decisión en los sistemas de producción pesquera artesanal a pequeña escalael caso de las Reservas Marinas de Interés Pesquero de Os Miñarzos y Ría de Cedeira (Galicia)

  1. Fernández Vidal, Duarte
Dirixida por:
  1. Antonio García Allut Co-director
  2. Juan Freire Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 19 de setembro de 2017

Tribunal:
  1. Joan Lluis Alegret Tejero Presidente/a
  2. Marta Sobrido-Prieto Secretario/a
  3. José J. Pascual Fernández Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 504056 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A presente investigación encádrase dentro da Teoría do Cambio Social e estratéxicamente dentro do enfoque procesual da perspectiva teórica da Antropoloxía Ecolóxica e a Teoría da Gobernanza. Desde esta perspectiva, e ante o fracaso dos sistemas tradicionais de xestión pesqueira, se analiza a potencialidade que teñen os modelos de gobernanza pesqueira descentralizada, baseados nun enfoque ‘bottom-up’. A introducción dunha cuota de participación equitativa entre pescadores e Administración, xunto co desenvolvemento de diferentes mecanismos de participación para o conxunto dos demáis usuarios, se traduce en pesquerías mellor xestionadas desde o punto de vista da sustentabilidade. A unidade de estudo seleccionada foi o sistema de produción artesanal a pequena escala, un sistema produtivo cun gran potencial social, cultural e económico, que sen embargo estivo reiteradamente marxinado polas diferentes políticas pesqueiras gobernamentais, que apoiando os sistemas de pesca más industriais, promoveron unha pesca menos responsable e menos sostible. A partir da análise de dúas comunidades de pescadores de Galicia (Lira e Cedeira) e empregando unha metodoloxía de campo, móstrase o proceso de avaliación da posta en funcionamiento dos dous únicos casos de Reservas Mariñas de Interese Pesqueiro que ata agora nacen dende dentro das propias organizacións de pescadores e que teñen como finalidade servir como novas ferramentas de xestión para unhas pesqueiras con claros síntomas de sobre explotación. Así, a avaliación permite detectar as debilidades e fortalezas que supón a innovación social, contribuindo a seguir reformulando as bases da gobernanza dos sistemas socio-ecolóxicos desde criterios sustentables.