La comunidad de "Cystoseira baccata" (Fucales, Ochrophyta) en el noroeste ibérico

  1. García Fernández, Alicia
Dirixida por:
  1. Ignacio Bárbara Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 12 de xuño de 2020

Tribunal:
  1. José María Gorostiaga Garay Presidente/a
  2. Javier Cremades Secretario/a
  3. Marta Sansón Acedo Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 627157 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Estúdase a bioloxía e a biodiversidade ficolóxica da comunidade de Cystoseira baccata no noroeste da Península Ibérica, unha especie exclusiva do Atlántico, moi distribuída ao longo da costa pero pouco coñecida. Apórtase información de 30 lugares mostrados de marzo de 2015 a xullo de 2018 nun intervalo de profundidade desde o intermareal inferior ao submareal (5 m). Obtuviéronse os datos biométricos de 2264 exemplares de C. baccata e analizáronse os epífitos de 941 plantas. Catalogáronse 230 especies epilíticas e epífitas. Con toda a información caracterizouse a bioloxía e o hábitat de C. baccata, así como a diversidade ficolóxica que alberga a súa comunidade. Tamén se analizaron os cambios producidos na comunidade en diferentes períodos, tanto a curto como a longo prazo. Ademais, estudóuse a dinámica estacional das características biolóxicas de C. baccata e a súa flora asociada tanto do substrato como a epífita. Este traballo proporciona a información necesaria para o coñecemento e xestión da comunidade de C. baccata no noroeste ibérico.