Uso de los juegos de manos en el ámbito de las matemáticas

  1. González Puelles de Antonio, Ignacio
Dirixida por:
  1. Dorinda Mato Vázquez Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 21 de xullo de 2021

Tribunal:
  1. Margarita R. Pino Juste Presidente/a
  2. María Cristina Naya Riveiro Secretario/a
  3. Víctor M. Hernández Rivero Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 674372 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

As Matemáticas supoñen, para a maioría do alumnado, un conxunto de números sen sentido, fórmulas e algoritmos, onde só hai un camiño que leva á solución. Algunhas causas estriban na escasa motivación dos/as estudantes, a maneira na que o/a docente imparte a materia, non atoparlle aplicación á súa aprendizaxe e a falta de ferramentas e recursos que fagan a materia máis atractiva. Este proxecto de investigación ten como obxectivo analizar os beneficios do uso de material didáctico lúdico-manipulativo, con recursos de Maxia Educativa, para o ensino das Matemáticas nunha mostra de estudantes de 4º e 5º cursos de Educación Primaria de catro centros educativos. Para iso, utilízanse metodoloxías cuantitativas e cualitativas a través de técnicas como cuestionarios, entrevistas e análise documental. As conclusións evidencian melloras nas respostas dos/as estudantes despois da aplicación dos Xogos de Mans no ensino da Xeometría, con diferenzas en relación ás variables Sexo, Curso e Centro educativo; así como respecto ás dimensións Agrado e motivación, Utilidade e valor de futuro e Percepción do profesor/a por parte do alumno/a.